Os incurábeis. Capítulo 34

Libraría Carballido. Os Castros. A Coruña

Nada máis entrar no Mesón As Pedras, vin como Martín, o mariñeiro comunista admirador de Lebed, agarrou polo pescozo coas súas mans descomunais a Anastasio, o capitán xubilado simpatizante da Falanxe, que non era capaz de desembarazarse dunha presión cada vez máis asfixiante. Non tiven máis remedio que intervir eu para separalos. De seguida, ao verse libre, foi o falanxista quen berrou fóra de si, apuntando cunha pistola ao seu agresor.
O inspector Pereiro relátanos neste capítulo de Os incurábeis unha lea acaecida nun bar dos Castros por razóns políticas.

Fotografía: Xan Xe Corral