Os incurábeis. Capítulo 35

Varadoiros Oza nos Castros. A Coruña

Aquela tarde, despois de xantar con Palmira, collín rumbo a Vila Cruz para estar con Sara, viúva desde o día de defuntos, cando un compañeiro de cazaría matou accidentalmente a Xulio, o seu home, mentres eu tentaba de conciliar o sono a catro quilómetros de distancia. Foi unha traxedia que afectou moito á miña amante, pois non quixo irse coas súas fillas, que vivían en Santiago, e quedou soa na aldea de dúas casas baleiras, pero tamén me afectou a min, pois adquirín a obrigación de vir cear e durmir con ela tres ou catro veces á semana.
O inspector Pereiro practica o poliamor. Unha das súas relacións é con Sara, muller residente en Vila Cruz.