Os incurábeis. Capítulo 36

Óscar Gáez fai o papel de Mendoza

"Pedín aos veciños que estaban na taberna, de moi boas maneiras, que fixesen o favor de gardar silencio durante uns minutos, porque me interesaba moito a noticia que neses momentos emitía o telexornal, e dispúxenme a escoitar". O inspector Pereiro queda moi impresionado despois de oir unha noticia sobre un caso de "violencia vicaria" na Coruña.  Quizais sexa un dos máis repugnantes delitos desde o punto de vista da razón, da ética e da condición humana.