ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O venres, 30 de novembro, vinte e nove noites despois do asasinato, aínda sen resolver, de Paloma Bieito, apareceu de novo a lúa chea no máis alto da cidade, sen que as descargas de carbón que a miúdo seguían a producirse no porto afectasen o máis mínimo ao seu eterno colorido. O comisario ordenárame que me ocupase doutros casos pendentes. Pero eu continuaba dándolle voltas ao crime dos Castros. Porque era o asunto que máis me intrigaba e, tamén, porque estaba en débeda coa filla da morta. Tiña que descubrir canto antes o asasino. Aínda que só fose por non quedar como un imbécil ante os meus superiores e ante os moitos amigos que xa fixera no barrio. Pero, sobre todo, ante Palmira. Levaba varios días medio instalado na súa casa e non podía convivir con normalidade mentres o nome da súa nai figurase no arquivo dos casos pendentes.
O Inspector Pereito protagoniza "Os incurábeis" un podcast con guión de Antonio Tizón a partir da novela do mesmo autor e con idéntico título publicada en outubro de 2020 por Xerais.
Fotografía: Xan Xe Corral