Os incurábeis. Capítulo 41

Unha partida no Café Minín dos Castros. A Coruña

Pasaban das tres cando empezou a chegar a xente da partida. Os sábados, despois de xantar, tocaba xogar no Madrid e viña tamén por alí Santos, o dono da Taberna que, nada máis verme, me fixo a pregunta de sempre convidandome a xogar ao tute, indica o inspector Pereiro.