Os incurábeis. Capítulo 43

Propietario do café Minín, no centro comercial dos Castros.  A Coruña

O domingo espertei a media mañá coa sensación de non durmir aínda o suficiente. Tiña sono, tiña resaca e tiña o móbil e o contestador do fixo con nove mensaxes, sete de Márquez e dúas de Palmira. Antes de chamalos, puxen a radio para que me fixese compañía mentres almorzaba, me afeitaba e me duchaba. 

A trama do pódcast Os incurabeis desenvolvese no último trimestre de 2001 e no barrio dos Castros na Coruña. Aparece o corpo sen vida dunha muller nunha rúa da zona. Fotografía: Xan Xe Corral