Os incurábeis. Capítulo 49

Isidoro Valerio, de Radio Voz

“Á unha en punto recolléronme diante da comisaría nun Mercedes penúltimo modelo, con Dimitrov ao voante e Souto no asento de atrás facéndome sinais para que me acomodase ao seu lado. O ambiente era máis ca propicio para abordar o tema que a min me interesaba” confesa o inspector Pereiro no podcast Os incurábeis. Na imaxe Isidoro Valerio, de Radio Voz, outro dos colaboradores da iniciativa.