Os incurábeis. Capítulo 6

Cándido Barral colabora co podcast "Os incurábeis"

Cándido Barral colabora especialmente neste capítulo coma o líder do faladoiro que se celebra o último ou o primeiro día de cada mes no Miradoiro, un bar inmenso con vistas a algunhas partes do porto e tamén a moitos bidóns da Campsa. Dende outro reservado do local, onde se disputan dúas partidas de póker, o inspector Pereiro escoita as voces dos membros do faladoiro; en especial, a de Cándido, a máis clara e mellor entoada de todas, que falaba en exclusiva de Paloma Bieito, tan recentemente asasinada. "Era unha muller excepcional, tiña opinión ben fundadas sobre calquera tema, político, económico ou social, sobre o 11-S, a guerra preventiva ou os problemas do barrio". O histórico locutor de Radio Coruña soltou unha frase que quedou gravada na memoria do policía:"Paloma participou de forma moi activa nas protestas contra a Autoridade Portuarias polas descargas de carbón ao aire libre". Matarían a Paloma por ese motivo? Que sabía Cándido Barral, a voz mellor informada do barrio, sobre o crime da súa amiga Paloma?  

 

 

Fotografía: Xan Xe Corral