Os incurábeis. Capítulo 61

Jesús Rodriguez Novo, o "Cristo" dos Castros

"Para a nosa sorpresa, non pasaron máis de dous minutos cando vimos como se abría a porta e aparecía ante nós o auténtico Cristo, en persoa, ou unha especie de Cristo, primeiro crucificado e logo resucitado, con cara de non durmir nada nos últimos días e o corpo, parcialmente espido e ensanguentado, igual que toda a roupa, salpicada de sangue xa seca. Era evidente que, despois de máis de trinta e catro horas naquel antro sen cama, bebido como estaría, tiveron que pasarlle pola cabeza moitas ideas, incluída a idea delirante do suicidio, que non culminou de puro milagre" reflexiona o inspector Pereiro no capítulo 61 do podcast Os incurábeis.