Os incurábeis. Capítulo 62

Café bar Cela II.Os Castros. A Coruña

Ata o Banco de España apostaba por unha subida de prezos cando o euro entrase en vigor. Por aquel tempo, ademais do carbón, era o tema que máis preocupaba á xente dos Castros. Pero daquela eu estaba máis preocupado polo paradoiro de Iván Freire Gutiérrez e por outra desaparición, aínda máis recente, a de Cristo, que levaba dende a madrugada do martes sen dar sinais de vida. Todo parecía indicar que a última persoa que o viu foi don Camilo, que o tivo de cliente ata a mesma hora de pechar. Pasaban das tres da tarde cando me plantei no Cela II. Fala o inspector Pereiro no capítulo 62 do podcast Os incurábeis.