Os incurábeis. Capítulo 65

A Coruña desde Os Castros

"Saín da taberna da praza moi pouco tempo despois, despois de tomar un whisky e preguntar en voz alta se alguén vira pasar o informático por alí ou por calquera outro lado. Ninguén o vira en todo o día, nin por alí nin por ningún outro lado. Antes de despedirme, outros clientes aínda me preguntaron pola acompañante de Mendoza, se xa descubrira a súa identidade, porque xa subiron moito as apostas na vila sobre se sería capaz de cumprir a miña promesa. Uns apostaban que si e outros que non, pero non estaba eu aquel día para dar explicacións. No camiño de volta, xusto cando deixaba de lucir o sol naquel terceiro domingo de decembro, cando a radio do coche daba os sinais das seis en punto da tarde, confirmei o que xa sospeitaba, descubrín por que Iván Freire Gutiérrez non volveu da cazaría na que participou quince días antes no couto de Vila Cruz, segundo todo parecía indicar".

Fala o inspector Pereiro no capítulo 65 do podcast de serie negra "Os incurábeis"
Fotografía: Xan Xe Corral