Os incurábeis. Capítulo 70

Fotografía Xan Xe

A estas horas, cando son as oito en punto da mañá deste martes, 18 de decembro de 2001, seguimos tratando de ampliar a noticia que coñecíamos onte pouco antes da media noite, o caso do parricidio de Betanzos. Ademais do xa sabido, que os feitos sucederon nunha aldea localizada na comarca betanceira, os únicos datos que transcenderon ata agora son que o parricida, que responde ás iniciais de A.T.B, matou a seu pai cun coitelo de cociña, que ten 37 anos e que hai menos dunha semana que foi dado de alta da Unidade de Psiquiatría do Hospital Marítimo de Oza, da Coruña. Esperamos ampliar esta información ao longo deste ou dos próximos informativos.

 

 

Fotografía Xan Xe Corral
Capítulo 70
http://173.255.131.18/audio/040122INCURABEIS.mp3