Os incurábeis. Capítulo 71

Fotografía Xan Xe

"Ignacio visitoume por primeira vez o mércores, 31 de outubro, a véspera de tódolos santos. O motivo da súa visita foi que lle remordía a conciencia despois de matar o seu can cun tiro na cabeza no primeiro domingo de caza. O que non imaxinaba, aínda que o meu nome lle soase moito, era que a psiquiatra elixida na guía telefónica fose unha antiga compañeira de Instituto e que se ofrecese a acompañalo á súa casa de campo todas as fins de semana" confésalle Helena Salcedo ao inspector Pereiro.