Os incurábeis. Capítulo 84

Fotografía Xan Xe

"Moito tempo despois da miña toma de posesión como comisario, que sucedera en 2002, case dos anos despois, en marzo de 2004, paseaba pola comisaría á espera dun visita moi especial. A petición expresa de Pedro Souto, a quen lle debía o meu ascenso e a reincorporación meteórica ao definitivo destino na Coruña, recibín no meu despacho a muller de Rubén Fernández, a quen xa lle perdera a pista" cisma o inspector Pereiro antes de recibir a Rosa Peteiro na comisaría. Vaise achegando o final. Imos coñecer todas as circunstancias que rodearon a morte de Paloma Bieito no Podcast Os Incurábeis. Guión de Antonio Tizón, dirección de Eugenia Sanmartín e produción de Son Radiofusión.