Os Incurábeis. Capítulo 9

Xosé Luis González Filgueira

Este capítulo está dedicado, a modo de agradecemento, xa póstumo pero vivo e eterno, a Xosé Luís González Filgueira, in memoriam, veciño histórico dos Castros, todo un referente humano que formaba parte da paisaxe e da paisanaxe da súa barriada, persoa entrañábel que inspirou o personaxe de Habano Dandi e dou o consentimento expreso para o seu tratamento literario, por deferencia ao autor desta obra e pola súa condición de lector empedernido e de seguidor da serie Sánchez Pereiro, da que gozou de forma especial coa primeira novela da saga, A antesala luminosa, e agardaba expectante a publicación desta terceira entrega, Os incurábeis, que non chegou a ver impresa como libro, nin emitida como radionovela ou podcast, por mor dunha moi mala xogada do destino, que acabou coa súa vida pouco antes da súa publicación en outubro, o dia 26 de agosto de 2021, aos 75 anos.