Rosalía, poeta na beira do mar. Capítulo IV

Grupo de teatro Teruca Bouza do Seixo

Rosalía de Castro pasea pola romaría do Seixo contemplando ás xentes, fala coa súa amiga Carolina, filla dos donos da fábrica, e vai parindo o poema. Crúzanse pois historias de vida: a de Marica, emigrante actual. A de Aurora, labrega e tecedora na fábrica, e o seu amor Cuco o gaiteiro. A de Xan que agarda ter cartos para casar, a de Manuela que vive soa mentres o home anda polas américas. A de Carolina, namorada do seu primo Xosé... sen esperanza de que os seus pais lla dean en matrimonio. A do dono da fábrica, entre a súa muller e a criada María.

http://173.255.131.18/audio/301219ROSALIA.mp3

Capítulo IV do podcast Rosalia, poeta na beira do mar