ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Radiofusión colabora coa campaña "Vitaminas para o galego" porque pensamos que os medios de comunicación en galego son cruciais se queremos garantir o futuro do noso idioma. Insistimos na necesidade de aproveitar as sinerxias para elaborar unha programación de calidade que complemente os espazos locais e ao mesmo tempo sirva para prestixiar a comunicación de proximidade. Ese foi e continua a ser o obxectivo da asociación Emisoras Municipais Galegas, á hora de lanzar Radiofusión, a programación conxunta das radios públicas locais de Galicia.
Radiofusión emite 24 horas sobre 24, distribuindo o seu sinal a través dunha liña de satélite e máis de Internet. Destacamos de seguido algúns dos nosos espazos de producción propia entre os luns e os venres:
Outros espazos da rede:
Grandes vozes do noso mundo. Marco Pereira. Luns ás 12h.
Higher street. Iván Mera. Martes ás 12h.
Tempo de jazz. Luís Cuntín. Mércores ás 12h.
18 rodas. Luís Iñiguez. Xoves ás 12h.
Rumboia. Programa da Asociación de Gaiteiros Galegos. Venres ás 12h.