Preocupación polo parque eólico

Preocupación polo parque eóliico
30 de Xuño, 2021 - 01:13 h. | Publicada por Radio Fene

 A preocupación polas consecuencias do parque eólico Caaveiro chega tamén a Sillobre en Fene. As entidades da parroquia convocan unha asemblea informativa que se celebrará este sábado ás 4 da tarde nos locais da sociedade Agarimo.

Simulación de muiños ao pé da fervenza do Belelle

O director do Observatorio Eólico de Galicia e profesor da Universidade de Vigo Xavier Simón explicará a información existente en torno a este proxecto que implica a construción de 14 aeroxeradores en San Sadurniño, Fene, Neda e Cabanas. En Sillobre colocaríanse 2 muíños en Marraxón e outros 2 entre os núcleos do Belelle e Viladonelle. O proxecto conleva tamén a apertura de viais de construción e servizo, así como liñas de evacuación de electricidade que irán todas á subestación que se proxecto para a zona do Barreiro. A comunidade de montes de Marraxón amosou a súa preocupación pola conservación dos valados de pedra seca, declarados de especial interese pola UNESCO. A asemblea do sábado está convocada pola SCRD Agarimo, comunidade de montes de Marraxón e Asociacións veciñais de Santosanmarco e Sillobre.
 

Sociedade

Comentarios

Salvo que sea de los activistas, no hay ninguna preocupación en Fene.
Nome: 
Toñín

Publica o teu comentario agora