"Os Castros criminal" realizaráse o 11 de setembro

"Os Castros criminal" realizaráse o 11 de setembro
25 de Agosto, 2021 - 12:26 h. | Publicada por Radio Culleredo

Unha camiñada literaria percorrerá pola zona dos Castros na Coruña os escenarios do libro de Antonio Tizón Os incurábeis. A novela negra ten como marco histórico o 11-S de 2001, a xornada na que se produciu o atentado das Torres Xemelgas de Nova York. A trama desenvolvese no barrio dos Castros, concibido como o microcosmos simbólico dunha sociedade tan particular como universal. O paseo iniciarase ás 12:00 horas do sábado, 11 de setembro de 2021, unha data especialmente significativa, ao igual que todos os lugares percorridos durante un traxecto no que se farán paradas explicativas en puntos xeográficos claves (rúas, prazas, librarías, locais de hostalaría), tanto da barriada como da obra que a crea e a recrea.

Antonio Tizón, autor da novela negra Os Incurabeis

O roteiro partirá do Hospital Marítimo de Oza e culminará en Casa Saqués, unha histórica casa de comidas fundada en 1947, aínda que as súas orixes se remontan a 1936, cando o avó de Tonecho, o actual propietario, puxo en marcha o negocio familiar que, co paso do tempo, se transformará nun restaurante de referencia do seu barrio e da súa cidade, A Coruña, o escenario seleccionado pola organización deste evento para ofrecer ao final do paseo un xantar de conmemoración a base de empanada e carne asada, dous dos seus pratos máis típicos, para un máximo de 20 comensais e a un prezo de 31 euros, con bebidas, cafés e licores incluídos. A cantidade tamén inclúe un seguro da actividade. Organiza Son Radiofusión, Asociación de amizade coa radio local. Para participar neste evento literario, didáctico e gastronómico, é necesaria a inscrición previa, especificando a opción elixida (con comida ou sen ela), no seguinte enderezo electrónico (direccion@radiofusion.eu). As persoas que elixan a opción do xantar deben abonar o prezo estipulado global (31 euros) antes do día 7 de setembro na conta de Son Radiofusión.  Quén escolla só participar no paseo terá que ingresar os 6 euros do seguro.

 

Fotografía: Xan Xe Corral

Cultura

Comentarios

envíovos os meus datos persoais coa finalidade de acudir ó roteiro do día 11 non ase o xantar que fica ao lonxe das miñas posibilidade a día de hoxe, polo que perto do día sinalado verei se cadra e queda aínda lugar, mesmo pídovos os datos da conta cara o ingreso dos 6€ saúdos
Nome: 
Norberto Varela Calvo, 619137118 mensaxes polo WhatsApp

Publica o teu comentario agora