Máis alá da samba e da bossa nova

Máis alá da samba e da bossa nova
31 de Maio, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

Nadia Campos e Guilherme Melo impulsan o programa “Brasil profundo” para divulgar outros ritmos, músicas e melodías do Brasil, alén da coñecida samba e da bossa nova. Insisten na importancia da “troca”, queren recoller músicas, cantos e bailes tradicionais galegos para levar ao seu país. Tamén pescudan nos xogos da rapazada máis auténticos. 

ESCOITA O PODCAST:

Nadia Campos e Guilherme Melo falan do Brasil profundo:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/270524CAMPOS.mp3

Fotografia Xan Xe

Entrevistáronse co mestre Antón Cortizas, o gran investigador e recompilador de enredos e brinquedos galegos. “Traemos a musicalidade das zonas do sertão, da  sabana brasileira, onde aínda existen cantigas, brincadeiras e ritmos moi interesantes como a cachira, congadas, folías de reis, coco, batuques e moitas outras sonoridades descoñecidas, menos comerciais e moi relacionadas con Galicia e Portugal” indican Nadia e Guilherme.
 

Fotografía Xan Xe

Cultura

Comentarios

Essa conversa com Henrique foi muito agradável! Nós sentimos muito acolhidos na Galícia! Obrigada!
Nome: 
Nadia Campos

Publica o teu comentario agora