A gran ilusión

A gran ilusión
09 de Novembro, 2021 - 10:28 h. | Publicada por Radio Fene

O campo dos Pinares de Perlío inaugurouse o nove de novembro de 1969. Xogouse aquel dia a terceira xornada da segunda volta do campionato de xuvenís da ría, entre o Perlío e o Perbes. Gañou o equipo local, coa seguinte alineación: Alvaro: Varis, Carpente, Jorge, Juan, Abelleira (Garcia) Secundino, Miguel (Re) Sindo, Regino e Humberto. "Vivimos ese dia cunha gran ilusión" lembra Evaristo Núñez, un dos integrantes daquel equipo. 

ESCOITA O PODCAST:
Equipo xuvenil do Perlío. Tempada 1968-1969

Perlío e Fene vivian un momento de actividade económica polo medre de Astano. Naquel ano, 1969, o estaleiro  realizou a botadura dos petroleiros Santander e Móstoles e dos cargueiros Camino e Merced. En 1968 Astano contaba con 3.140 empregados e especializase nos petroleiros de maior tamaño do mundo. No 69 construense os talleres de bloques planos e bloques curvos. 

En 1971 defendia o Perlío na categoria de modestos, o seguinte conxunto: Varis, Ovidio, Gerardo, Zoco, Basoa e Fermin. Miguel, Ré, Suso, Sindo e Oscar.
O Círculo de Perlío decidirá en decembro de 1968 estudar a posibilidade de adquirir uns terreos para o campo de fútbol. Formouse unha comisión con ese cometido. Inscribiron o equipo na Federación Galega de Fútbol nese mesmo ano, comezando a xogar a tempada 68/69 no campo de Barallobre.  Despois da inauguración, as obras, ampliacións e as melloras continuaron durante moitos anos. 

 

Na fotografía o equipo xuvenil do Perlío ainda no campo do Ramo de Barallobre (Tempada 68-69).
 

Deportes

Comentarios

Cómo se pode recoller o libro ou onde?? Grazas
Nome: 
Luis de la Cuesta

Publica o teu comentario agora