ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Onte día oito de Abril de 2022 faleceu María Xesús Arias. Sufría unha grave enfermidade que xa era longa e que afrontou cunha enorme fortaleza. Pitusa Arias foi compañeira nosa de Radio Fene. Desenvolveu toda a súa carreira profesional como xornalista nesta emisora, desde 1986. Formárase inicialmente en Historia. Era licenciada en Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago.
Desde os últimos anos do franquismo en Ferrol e Compostela foi unha incansábel activista democrática. Formaba parte da Xeración ERGA, os estudantes revolucionarios galegos que ensancharon substancialmente a base social do nacionalismo galego naqueles anos e nos sucesivos.
Pitusa tivo unha especial inclinación intelectual cara o cinema. A súa formación iniciouse en Compostela, cos cursos, coas materias regradas e formando parte da directiva de O Galo, o cineclub galeguista vinculado á Universidade. Esa afección tan intensa iniciárase moito antes, porque Pitusa viviu de nena, fisicamente, dentro do Cine Adriano de Barallobre. As lembranzas de aqueles días ilumináronlle permanentemente a vida en forma de marabillas. Ela dicía que eses insuperábeis estímulos, permitíranlle formar parte nos xogos da infancia, con total naturalidade, dos continxentes de enfermeiras da Primeira Guerra Mundial e das tribos iroquesas que resistían heroicamente os ataques dos bárbaros invasores.
A tese de licenciatura titúlase “A exhibición cinematográfica en Santiago de Compostela na II República (1931-1936)”. Despois estudou as salas de cinema en Fene, desde o 1928 até 1994. Escribiu a catro mans o libro titulado “O cine na comarca de Ferrol, as súa xentes, os seus recursos (1897-2010).
En 2015 retornou para o seu paraíso infantil coa exposición “Adriano sesión contínua” e nese mesmo ano realizou curtametraxe “Vivir no Adriano”, onde se destaca o antigo poder cultural e social do fermoso xigante de cemento.
Escribiu a novela gráfica sobre "Bóveda" e "Pancho Allegue, Historia dun compromiso". Tamén “Maniños no Pasado”, “Barallobre no Pasado” e "Perlío no Pasado", libros que ordenan a historia recente das citadas parroquias. Na mesma liña de actividade é coautora do cómic “Galiza acorda. Andrés de Barallobre” e de “Fene vai de Antroido”.
O seu labor xornalístico cruza case completamente o período democrático, desde 1984 en que Radio Fene acababa de nacer, cando non había ningunha emisora municipal en Galicia, deica a actualidade. Un labor extenso ao servizo da cidadanía e destinado a promover a lingua e a cultura galegas, pois a radio fundouse con eses dous obxectivos, dos que a nosa compañeira foi protagonista principal.
Pero por riba de todo iso, nós de Pitusa nunca esqueceremos a súa predisposición para axudar aos demais, a súa inclinación a compartir coas persoas.
A súa delicada amabilidade. A súa natureza acolledora e colaborativa.
Até sempre Compañeira
Xosé Manuel Sarille
Comentarios
Que mágoa tan grande!
As boas persoas non se
A mellor amiga que unha
Unha auténtica mágoa. Que a
Alegría, conversación,
A primeira vez que entrei
Enormísima perda, quer como
Que aterra lle sexa leve.
Lamento a perda desta boa
Unha muller boa, positiva,
Mucha pena por la pérdida de
Gran perda.
Foi un pracer coincidir
E de súpeto, as lembranzas de
Se cadra volvemos pasear pola
Pitusa,recordaré tu buen
Publica o teu comentario agora