Churrasco con vistas

Churrasco con vistas
12 de Outubro, 2022 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

Cristina e David, el de Fene, ela de Pontedeume. Son a parella de emprendedores que están a fronte de Casa Arribe, establecemento de hostalería de Neda, situado no Puntal, no número 108 de Médico Cebreiro, que reabriu a finais do mes de maio, logo de dous anos pechado. A decisión de facerse cargo deste negocio foi atinada.

ESCOITA O PODCAST:

"O balance é moi satisfactorio, sobre todo tendo en conta todo o tempo que levaba pechado este negocio", di Cristina. Madrugan moito para dar servizo aos traballadores e atender a súa demanda de cafés antes do comezo da xornada laboral. Desde as seis da mañá serven aos primeiros clientes e só pechan os xoves por descanso Con horario ininterrompido, prolongan o servizo ata a noite, traballando a quendas. Un pola mañá e outro pola tarde, agás nas fins de semana, cando son precisos os dous para atender ao público no local. Porque, aínda que está moi orientada aos cafés, a Casa Arribe tamén comeza ter sona pola súa brasa. Nas fins de semana, ofrecen churrasco e callos para comer alí ou para levar á casa e pinchos como tripas e orella. "O churrasco gusta moito, é o que máis nos piden", asegura Cristina, que recomenda reservar. Pode facerse por teléfono ou a través das súas redes sociais. Teñen conta en Facebook e Instagram. De feito, nas fins de semana atenden moitas familias e grupos de amigos que van alí tomar o vermú ou ver os partidos, mentres pican algo e gozan das magníficas vistas da ría desde as mesas situadas ao fondo do local.

 

Sociedade

Comentarios

Tuve la suerte de parar en el local y trataronme muy bien , las tapas de callos y las tripas estaban muy buenas ( buena mano para la cocina )y los chavales muy majos , cuando el trabajo me lo permita volveré parar Espero que tengáis suerte y estéis mucho tiempo
Nome: 
Leo

Paramos a menudo , y sea x la mañana, x la tarde, o de noche, semana o fin de semana , siempre te atienden bien, los dos son súper atentos y agradables , ponen buenos pinchos y aún encima tiene buen sitio para aparcar.
Nome: 
Elena

Yo pare ya varias veces, siempre con una sonrisa y amabilidad por ambos , aconsejo parar ,cocina rica y limpieza .....
Nome: 
Nando

Publica o teu comentario agora