Cincuenta anos dun gran ascenso

Cincuenta anos dun gran ascenso
10 de Xaneiro, 2023 - 10:05 h. | Publicada por Radio Fene

Alonso, Mendez, Hipólito, Villarroel, Lucho, Díaz, Paco, Saracho, Cazás, Tucho e Abade. Esa era unha das alienacións do Barallobre hai cincuenta anos, na tempada 1973-1974. Xogaba na categoría Primeira Rexional, daquela a cuarta categoría do fútbol español. O Barallobre ascendeu na tempada 72-73. Cúmprense os cincuenta anos daquel feito histórico, un momento de gloria no que os xogadores do equipo do Ramo se codeaban co melloriño do fútbol galego. 

Fotografía: S.D.Barallobre

O Barallobre venceu por exemplo naquela campaña no Ramo ao Gran Peña, o filial do Celta de Vigo. Os vigueses levaban 23 xornadas sen coñecer a derrota. En Barallobre, levaron un 1-0. Meteu o gol no minuto tres, Tucho, de magnífico disparo desde fora da área e metendo o balón pola escuadra. Na tempada anterior,o Barallobre gañara ao Lugo por un 2-0 rompendo a imbatibilidade do equipo da cidade das Murallas, hoxe na Segunda División. Foi un 5 de decembro de 1972.

 

Na alineación da imaxe o equipo que logrou o ascenso á Primeira Rexional:

De pé: Alonso, Méndez, Quique, Quico, Carlos e Hipólito

Abaixo: Paco, Cazás, Abade, Otero e Polito.

Deportes

Comentarios

E si non erro,o ascenso foi contra o Burela,penso que empatamos ala e no Ramo ganamos nos...Posdata non estoy seguro.un saludo pra todos......Quico
Nome: 
Quico

Publica o teu comentario agora