Lidl abrirá supermercado en Vilar do Colo

Lidl abrirá supermercado en Vilar do Colo
12 de Xaneiro, 2023 - 11:15 h. | Publicada por Radio Fene

Lidl abrirá supermercado en Vilar do Colo. A nova área comercial sumarase ás xa abertas por Mercadona e Gadis no parque empresarial de Fene. Xa conta con licenza de obra cun investimento que ronda o millón setecentos mil euros. Creará trinta empregos directos. A construción da nave comezará de inmediato na  parcela situada ao pé de Noa, madeira creativa.

Fotografía Xan Xe

As previsións da multinacional alemá contan con abrir a nova superficie en Vilar do Colo entre os meses de marzo e abril. Na actualidade Lidl, conta con 22 supermercados abertos en Galicia. Pertence ao grupo Schwarz fundado en 1930. 

 

Na imaxe, parcela de Vilar do Colo na que se abrirá o supermercado Lidl

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Comentarios

Estoy deseando que abran tienda de Lidl en Poligono Vilar Do Colo. Soy cliente de hace muchos años.
Nome: 
Manuel Suarez

Turismo de supermercado baixando o poder adquisitivo, que mal vamos! e outras localidades perden poboación e comercio como acontece com S.Valentin e Pontedeume.
Nome: 
amelia

Publica o teu comentario agora