Gatos no espazo urbano

Gatos no espazo urbano
18 de Xaneiro, 2023 - 02:39 h. | Publicada por Radio Fene

Medio milleiro de gatos esterilizados e uns cento corenta dados en adopción. É o balance do labor que desenvolve ABAC, a Asociación polo Benestar Animal de Cedeira. Naceu en 2018, por iniciativa dun grupo de persoas amigas que se facían cargo de gatos da rúa e agora traballan co amparo dun convenio co concello. Falamos da súa actividade esta semana en Radio Animal 

ESCOITA O PODCAST:

“Os gatos de rúa forman parte do espazo urbano e a lei galega establece que os concellos son responsables do seu estado sanitario. A asociación traballa para controlar que non se desfase a poboación. Somos unha asociación, non protectora nin refuxio, formada por persoas voluntarias”, explica Fabiana Feijoo. A súa misión é “controlar que non se desfase a poboación”. “Traballamos con quince colonias no casco urbano e unha media de vintecinco contando a zona rural. Levamos esterilizados 500 gatos entre machos e femias e demos en adopción unha media de 140 tamén se esterilizan e pagamos nós a esterilización”,d detalla Montse Graña. Os voluntarios realizan múltiples tarefas “uns dan de comer ás colonias, outros cazan con gaiola trampa, lévanos ao veterinario e vólvenos soltar. Tamén damos atención aos que están en recuperación e facemos o seguimento dos dados en adopción”. 

Sociedade

Comentarios

Hola….Encomiable labor realizan estas voluntarias e voluntarios po lo benestar destas maravillosas criaturas, que tantas penurias pasan na sua casi sempre corta vida, espero con ansia o dia que a xente esteña mentalizada que os animales teñen o mesmo dereito que nos a unha vida digna, exactamente o mesmo…!!! No seu nome e no meu propio….Moitisimas Grazas….e que a vida vos premie como merecedes.Un saludo.
Nome: 
Jose Manuel Fraguela Barcon

Publica o teu comentario agora