Cuba en Perlío

Cuba en Perlío
07 de Marzo, 2023 - 02:43 h. | Publicada por Radio Fene

Fusión entre Galicia e Cuba. Temática dun novo local de hostalaría recén aberto en Fene. E xa se reflicte no nome do establecemento, Galicuba. En honor á procedencia da parella propietaria. “Meu home é cubano, eu son galega e os meus nenos son galicubas”, sinala Nuria Gómez. Un café bar situado no lugar no que estivo no seu día o Dique, na estrada do Peirao, en Perlío. Nuria Gómez está a fronte do negocio. 

ESCOITA O PODCAST:

Cuba está moi presente “non só no ambiente, na decoración, tamén na comida”. “Queremos dar a coñecer a comida típica cubana, o máis típico é o porco asado, acompañado con arroz con frijoles negros, con yuca, tostóns, que é plátano frito. Estámolo facendo os sábados ou quen o queira degustar outro día por encargo”, indica. A diario teñen menú do día, pratos combinados e bocadillos. Tamén ofrecen mojitos “e temos unha selección moi boa de ron, ademais, os sábados temos música en directo”. Galicuba está aberto todos os días, desde moi cedo “pola semana abrimos ás 5:30 da mañá, dámoselle servizo aos traballadores do estaleiro”. “A inauguración foi todo un éxito, tivemos actuación dun músico cubano, foi unha tremenda acollida, tanto de xente da zona como de Cuba, estou moi agradecida”, dí a xerente do local.

 

Sociedade

Comentarios

Moitas grazas pola reportaxe, foi un pracer!!!
Nome: 
Nuria Gómez

me gustaria saber la direcion. Gracias
Nome: 
juan antonio

GaliCuba Estrada do Peiráo 10A Perlío/ Fene 652 692 787
Nome: 
Nuria

Publica o teu comentario agora