Peixe e marisco dende 1975

Peixe e marisco dende 1975
14 de Marzo, 2023 - 12:05 h. | Publicada por Radio Fene

As ameixas á prancha e a parrillada de marisco son os pratos estrela do Muíño do Vento. Este restaurante situado na parroquia fenesa de Magalofes é un punto de referencia gastronómica na comarca e fóra dela dende 1975.

ESCOITA O PODCAST:

O seu propietario, Carlos Varela, lembra en Radio Fene cando seus pais abriron este local e por que leva o nome do Muíño do Vento. A boa relación calidade-prezo que ofrecen aos seus clientes é unha das moitas claves do seu éxito. Peixes, mariscos, carnes, viños e postres caseiros compoñen unha carta que aposta pola variedade e os produtos da terra. “Démonos a coñecer, principalmente, polas ameixas á prancha que é un dos pratos estrela. Procuramos traballar sempre produto galego. Ofrecemos unha parrillada de peixes con catro ou cinco variedades de peixes do día. Temos tamén boas carnes de tenreira galega e cordeiro, máis de 500 referencias de viños e postres caseiros como a tarta de filloas con crema e chocolate”, destaca Varela. 



Na imaxe, Carlos Varela, propietario do Muíño do Vento.

Fotografía: Xarda.

Sociedade

Comentarios

Empezando por los dueños.unas excelentes personas, así como los trabajadores muy profesionales.amplio aparcamiento .local muy acogedor y comida excelente.gran variedad de pescados frescos del día y excelentes carnes .un local para comer calidad de primera y pagar unos precios. Competitivos de mercado.recomendable 100x100
Nome: 
Tonete

Publica o teu comentario agora