Éxito inesperado do Star Center Universitario Ferrol

Programa: 
Vilanova

Patricia Ramirez
As empresas adoitan pedir compromiso, lealdade, sentir as cores e o escudo, piden esforzo aos seus traballadores e que se desvivan polos obxectivos. Pero, elas ofrecen o mesmo a cambio? O compromiso debe ser cousa de dous, un proceso bidireccional. É imposible que alguén dea a súa mellor versión cando non recibe o mesmo trato pola outra parte. Hai tantos traballadores facendo cola para ocupar un posto, que as empresas se deshumanizan, afirma a psicóloga e escritora Patricia Ramirez. Se non es ti, xa será outro. E en base a esa gran demanda utilizan á xente pedíndolles todo sen dar o mesmo a cambio. Os traballadores son persoas, así que unha das medidas máis urxentes é deixar de chamar á área de recursos humanos, recursos humanos, para darlle o nome que merece, que é a área de persoas. Só cambiando a etiqueta, xa cambiamos o concepto daquilo co que traballamos.