ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Hai calquera cousa agás inocencia nos contos de fadas. Tivemos que ler a obra do psicólogo e psiquiatra infantil Bruno Bettelheim para picarnos no dedo e espertar desa soneca perpetua que compartiamos coa Bela Durminte. Así aprendemos que tras o veo das fábulas agóchase unha subliminar guía de conduta adulta, un manual para superar os traumas asociados á maduración, xa sexa persoal, social e mesmo sexual. Agora, as xeracións actuais non precisamos ferramentas tan sibilinas para nos educar: para todas esas funcións, especialmente para a sexual, contamos coa inestimable axuda da internet. E logo que facemos con contos de fadas? Pois empregámolos para lecturas posmodernas e desacomplexada parodia adulta, con travestismos tan radicais como o de “Fábulas”, a banda deseñada de Bill Willingham, ou, en menor medida, “Érase una vez”, serial estadounidense que Antena 3 estrea as dez e media desta noite. Nel os personaxes de conto traspasan a dimensión que os separa do mundo real e comprenden que non, que non estamos para vivirmos felices nin comer perdices.