“A Fondo: Prometo serte fiel” (Antena 3, 00.15 h.)

Programa: 
Televisión

Terry, honorable capitán da selección dos Pross, tivera un affaire agora público coa antiga muller de Bridge cando eran colegas na defensa e amigos íntimos. Comentaristas e seareiros moralizantes sorriron con satisfacción vendo ao equipo do adúltero caer derrotado estrepitosamente no seu estadio. E é que nin sequera un bo partido interesa tanto como a infidelidade. Velaí os datos dos programas de prensa amarela ou o documental que esta noite pasa Antena 3 en “A fondo” baixo o título “Prometo serte fiel”.

Se os asuntos de cama compartida foron alimento de guerras entre os mitos clásicos, que non habería ser entre nós pobres mortais, que nun 15 por cento, segundo os datos do informe televisado, desprezamos coas nosas accións a crenza na monogamia. Homes e mulleres en igual medida gustan de probar bicos alleos e as escusas son variadas: vida sexual deficiente, monotonía, crise de autoestima, a culpa foi do alcol (esta é popularísima), a xenética e, no caso masculino, unha reafirmación da virilidade. De seguro que John Terry tiña pensado apretarlle con moita forza a man a Bridge se este lla dese como para facerlle ver que o seu ego viril estaba nun momento óptimo. A infidelidade, tratada “A fondo”, ás doce e cuarto desta noite en Antena 3.