ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Situado na cimeira do éxito, a fama e o diñeiro, o astro portugués decátase de que nin sequera iso garante a felicidade. Un pode sempre querer máis do que ten, pero iso non impide que un día a fonte seque. A onde marcha un despois de facerse millonario no Real Madrid? A calquera outro sitio pode ser, mais non a un mellor. A onde marchamos nós con esta locomotora de mal entendido progreso mercantil que queima billetes e almas? Pois ao ritmo que se sacrifican os nosos dereitos no forno para darlle máis vida ao motor do beneficio, sen dúbida aceleramos cara o cantil.
Así a CR7 como aos especuladores conviríalles un acougo, un conformismo contrario a todo canto nos aprenderon sempre. Porque ser o número un non significa necesariamente ser o máis satisfeito. Aínda que, por suposto, toda esta pouco competitiva oda humanista miña vai ficar axiña tan esmagada como o céspede polo que trotarán esta noite o Madrid e o Manchester City, exclusivos clubes de multimillonarios que festexan a apoteose da chequeira nun espectacular primeiro partido da Liga de Campións que se xoga ás nove menos cuarto desta noite, retransmitido por La 1.