“Cine: Déjà vu” (Cuatro, 22:30 h.)

Programa: 
Televisión

Acontece por exemplo na noite do luns, na que as series con programa duplo, como “Los misterios de Laura” ou “Bones” estrean un capítulo e completan a noite coa repetición dun vello, ou no caso da TVG, se emiten unha e outra vez os mesmos capítulos de “Padre Casares” aínda que resten meses e meses até a difusión de novo material. Mesmo en Cuatro, ao escoller o filme para esta noite, programan unha cita que non podía ter un nome máis acaído: “ Déjà vu”. O título da longametraxe, “xa visto”, non podía resultar máis acaido, pois esta historia da investigación dun atentado terrorista por parte de Denzel Washington nos chega en medio de flashbacks dunha emisión recente en La Primera. A película de Tony Scott é unha destas trampulleiras con gran sorpresa cara o final da cinta, unha manobra arriscada que cando se fai ben como, poñamos por exemplo “O Sexto Sentido”, xustifica todo o visto, e cando se executa de modo menos elegante, como no caso que nos ocupa, estraga todo o anterior. “Déjà vu” pásase, outra vez, en televisión. Será ás dez e media da noite en Cuatro.