“Cine: La vida de los otros” (La 2, 22 h.)

Programa: 
Televisión

Polo menos eu non aprecio grandes diferenzas entre o seu comportamento e o do inesquecible protagonista de “La vida de los otros”, o premiado drama e thriller alemán que conta a funcionaria vida dun membro da policía política  xermana que nos anos oitenta, ao contrario que o famoso triunvirato de monos, vía, escoitaba e falaba de todo canto mal supuxese que se cocía na privacidade dos seus concidadáns. O oficial despoxado de emocións que se aplica en espiar as alleas acaba por recuperar o pulso vital mediante a escoita de vivencias alleas, as duns supostos traidores ao réxime establecido. E entre tanto gris, tanto frío e tanta tristura, a película, un fito do cine europeo recente, é un volcán de emoción desacougante. A mesma que me produce a min pensar que a miña veciña tal vez conte cun equipo de radiofrecuencia. “La vida de los otros”, o filme dirixido por Florian Heckel, emítese ás dez da noite en La 2.