“Cine: LT 22 Radio La Colifata” (La 2, 22 h.)

Programa: 
Sardiñas e xurelos

Os medios de comunicación adoitan ser un deses traballos de tolos, así que custa imaxinar ocupación mellor para os pacientes dun psiquiátrico que emprender este oficio falangueiro. No ano 1991 naceu no instituto mental Borda, da Arxentina, o programa “LT 22 Radio La Colifata”, unha iniciativa terapéutica para que os pacientes se expresen con liberdade a través das ondas da radio. Aquela tolemia acabou tendo un éxito internacional que para seu quixeran os chamados popes do micrófono en España, eses que espertan o país emitindo o sermón ao rabaño. Cancións, videoclips, anuncios de Aquarius, e tamén un documental que emite esta noite La 2, a partir das dez, demostra que, como en La Colifata, os tolos tamén poden traballar. Outra cousa é se deben.