“Comando Actualidad: Jugar con fuego” (La 1, 22:15 h.)

Programa: 
Televisión

Con Jesús, coleccionista de máquinas de matar, conversaron os reporteiros de “Comando Actualidad” que decidiron dedicar un programa a seguir a pegada dos máis de 3,5 millóns de armas de fogo que moitos españois gardan con disimulo no armario como se fosen bolas de naftalina. Disque sobran licenciados no país, que non hai carreira para tanto universitario, pero aínda máis licenzas hai de futbolistas, a única disciplina deportiva con máis practicantes que a caza. Porén, antes que as armas legais preocupan as non rexistradas, como as da colección que amosará  perante as cámaras o que no avance do programa cualifican como “traballador da noite”, quen por esa definición o mesmo puidera ser Batman que un operario da recollida do lixo.

“Jugar con fuego” é o título da reportaxe que La 1 emite a partir das dez e cuarto da noite.