“Comando Actualidad: Operación Salida” (La 1, 22:15 h.)

Programa: 
Televisión

“Operación Salida” é unha reportaxe de “Comando Actualidad” que narra a paixón das familias españolas que, habitando en territorio de seca, emigran cara a terra prometida, que vén sendo un apartotel en Torrevieja, Alacante. Os xornalistas do programa acompañan a unha parella madrileña disposta a peregrinar en caravana alén da M-30, onde o mar é algo máis que unha foto no catálogo de verán de Halcón Viajes. Mentres, dende terra e aire, as patrullas da DGT velan pola seguridade do éxodo e fotografan aos incautos que, pola súas ansias de chegar antes que ninguén, acaban pagando as multas que supoñen 300 millóns anuais de euros en recadación. “Operación Saída” é unha investigación sobre esa tradición case mística do turista de tempada alta, que saír sae, e volver, xa o veremos, que aínda non é cuestión de amargarse pensando na caravana da volta. “Comando Actualidad” emítese ás dez e cuarto da noite en La1 de Televisión Española.