“Conexión Samanta: Año Nuevo Chino” (Cuatro, 00:30 h.)

Programa: 
Televisión

A barreira idiomática e o refuxio en guetos, tanto nosos como seus, provoca unha ignorancia sobre a vida cotiá daqueles cos que compartimos vilas pero non códigos. Algúns teñen suores fríos pensando que un día espertarán coas rúas empapeladas de pósters vermellos e que preferían o socialismo de Zapatero ao de Mao, pero polo de agora, que saibamos, calquera exaltación popular que poidamos atribuír aos nosos veciños chineses débese ás súas celebracións, especialmente ás do Aninovo, que desta volta, na rotación debida por unha selección de fauna case zodiacal, se consagra ao coello. A reporteira para todo de Cuatro, Samanta Villar, decidida a deixar as inmersións de 21 días en vidas alleas, pretendía inmiscirse de agora en diante na vida dos famosos. Ante as lóxicas reticencias, leva varios programas conformándose con manifestacións populares, e desta volta asiste aos festexos importados da China e ponse cega de porco agridoce. Será en Cuatro a partir das doce e media da noite.