“Cuéntame cómo pasó” (La 1, 22:15 h.)

Programa: 
Televisión

O magnífico de “Cuéntame...” é que o mesmo che serve de repaso por épocas pretéritas que de reflexión sobre a situación actual. O mozo de imprenta que probou o poder cun cargo no goberno de UCD, está agora no paro, e agarda unha nova oportunidade laboral nunha España que aínda está dixerindo o cambio de réxime e padece unha recesión económica. A cousa non cambiou tanto en 30 anos, dinos Antonio Alcántara, ansioso por arrincar as follas do calendario, vivir o felipismo e o aznarismo e chegar a tempo para ser a terceira vía que nos libre do negro panorama post 20-N. Con algo de vontade dos guionistas, en tres ou catro tempadas o temos bailando xa por Lady Gaga. “Cuéntame cómo pasó” emítese ás dez e cuarto en La Primera.