“El Último Superviviente” (Cuatro, 21 h. )

Programa: 
Televisión

O fantástico arredor de Bear Grylls e as súas aventuras non está na súa vida salvaxe a monte, senón no momento no que, nun despacho de Nova York, algún executivo decidiu financiar un programa de coaching sobre a supervivencia en situacións extremas en paraxes inhóspitas. Existen programas de cociña e de bricolaxe porque hai a quen lle da por coller as potas ou o martelo na súa casa, pero aínda non sei quen ten por afección perderse en cueiros e sen alimento nin mapa no medio dos Ancares. É máis, non sei a quen se lle ocorrerá facelo despois de ver o primeiro programa dende aqueles de Txumari Alfaro no que se fai eloxio de beber o propio mexo para suplir o non ter un triste Aquarius que levarse á boca. Así de edificantes son as aventuras de “El Último Superviviente” que se mete no medio dun incendio en Alabama esta noite en Cuatro a partir das nove.