ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Malia que os feitos (extorsión, violencia, explotación de prostitutas estranxeiras e abusos sexuais, entre outras lindezas) xa ofrecen material máis que suficiente para crear un thriller policial, non hai historia que se sosteña sen un antagonismo. Co malo e os seus sicarios xa creados nas páxinas da prensa, e aquí rebautizados como Carlos e El Bloke (así, con K, que mete máis medo) de Coslada, fáltanos un heroe. A súa intrusión nos feitos é o que se imaxina neste primeiro capítulo.
Vicente é un policía municipal que perde á súa muller mentres intenta evitar un atraco nun supermercado. Coa vida desfeita, busca redención cunha mudanza. Dá cos seus osos e a súa placa en Coslada, onde non tarda en decatarse da rede de corrupción organizada polos seus colegas axentes. Como será capaz de manterse afastado deles e co seu honor inmaculado, sobrevivindo ao mobbing da mafia legalizada é o que se conta en “El Bloke”. Liámolo onte na prensa e, espectacularización mediante, vémolo hoxe na pantalla, as dez e media en La Primera.