“El gran debate” (La 1, 22:10 h.)

Programa: 
Televisión

A iniciativa de Televisión Española, as principais forzas do Congreso xúntanse nunha versión monovolume da confrontación electoral, con oito prazas, cando todo o mundo decidiu xa que prefire os bólidos deportivos bipraza. Déixase volver á reserva a Campo Vidal e ponse o sorriso cotiá de María Casado na condución, e as forzas maioritarias mandan aos seus representantes de saldo para rebaixar aínda máis o valor do encontro. Ramón Jáuregui polo PSOE e Alberto Ruíz Gallardón polo PP evitarán facerlle o feo e sentarán a cruzar programas cos representantes de CiU, Pere Macías; Josu Erkoreka, do PNV; e outro, aínda por determinar, de ERC-IU-ICV. Para abaratar aínda máis a cousa, as comparecencias dos voceiros de UpyD, Coalición Canaria e BNG emitiranse a través dun vídeo. E a todo isto xunto chamóuselle (malia que debera selo, pero ninguén o cre) “El   gran debate”. Emítese en La 1 ás dez e dez da noite.