“El Hormiguero 3.0: Carlinhos Brown” (Antena 3, 22 h.)

Programa: 
Televisión

Tanto e tanto bailamos con Carlitos Marrón, que a algún até lle acabou collendo asco a tanta batucada que, nos poñamos como nos poñamos, non hai maneira de seguir co ritmo debido a esta beira do Atlántico na que nacemos con ósos de mais na cadeira como para moldeala co mesmo tremor de xelatina que posúen fan as garotas. Nin sequera eu, que na vivencia máis Gürtel da miña vida puiden chocar a man de Carlinhos Brown en medio dun concerto dende unha zona vip na que ora bebía grolo de caipirinha, ora levaba para a boca un anaco de rasta do artista. A este apóstolo do ritmo debémoslle agradecer que nos dese tregua durante un verán, nos que tivemos tempo de aprender a coreografía do “Ai se eu te pego”, unha actualización carioca do “Saturday Night” de Whigfield ou de “La Macarena” de Los del Río. Pero agora o rei volve a tempo co tambor para animarnos a suar a operación bikini a golpe de samba. Reaparece esta noite en “El Hormiguero”, que se emite ás dez da noite en Antena 3.