“El Hormiguero: Santiago Segura y Paquirrín” (Cuatro, 21:30 h.)

Programa: 
Televisión

O director da saga, tan afeito ás tácticas agresivas de mercadotecnia, xa sexa colando o nome das súas obras en calquera aparición pública ou vestindo camisetas da película nos actos aos que o convidan, ten a oportunidade de promocionala no maior espazo de product placement da televisión actual, “El Hormiguero”. A xira promocional que non fai parada aí non e xira. Segura farase acompañar de Kiko Rivera, quen xa conta dende meniño coa súa propia personalidade para a ficción televisiva, Paquirrín, e que fai o cameo máis celebrado da cuarta entrega de “Torrente”. A película fía, como sempre, parte do seu atractivo a ofrecerlle ao público un “Onde está Wally?” de famosos españois. Filla da tradición da comedia screwball americana, pero enxendrada por un país adicto ao “Sálvame Deluxe”, “Torrente” é un espello escachado e rescatado da bohemia ruela do Gato. A súa campaña recadatoria comeza ás nove e media da noite en Cuatro.