“El milagro de Juan Pablo II” (Antena 3, 00 h.)

Programa: 
Televisión

A uns poucos días do ascenso ao panteón celestial de Wojtyla, Antena 3 emite unha reportaxe con declaracións en exclusiva da sor receptora da milagre papal, e recolle outras testemuñas de supostas maxias non certificadas pola curia. Ademais, afondarase na personalidade e significación do antecesor de Bieito XVI, recollendo as declaracións dunha recua de persoeiros que o coñeceron en persoa. Entre os teólogos de ocasión, Jesulín de Ubrique, José Ortega Cano, Niña Pastori, José Bono ou Pitita Ridruejo, que compoñen unha aliñación sen parangón. “El milagro de Juan Pablo II”, que así se chama o programa que se vai emitir esta medianoite, ben puidera ser ter tratado con todos eles.