“Equipo de investigación: El amo de la noche” (Antena 3, 00:15 h.)

Programa: 
Televisión

Queremos crer, como contan de un tempo a esta parte os profesionais do sector, que cando nos dan coa porta do bar nos dentes non é porque levemos peúgos brancos ou zapatillas deportivas, senón pola nosa propia seguridade. Hai casos nos que os talentos son máis diversos. A crise económica fixo que en todos os sectores haxa quen aposta por facer do seu negocio algo multidisciplinar. Velaí está unha mafia de porteiros que se fan chamar “Los Rompecostillas” e que, polo mesmo prezo que che controlan a clientela, despachan droga e dan malleiras por encargo e a domicilio coa facilidade de uso dun Telepizza.

A eles dedica “Equipo de Investigación” a súa reportaxe titulada “El amo de la noche”, na que conta unha operación policial dirixida a deter a todos eses mangallóns. Un logro que festexamos todos aqueles que algunha vez soñamos con entrar de chándal nunha discoteca de Sanxenxo. Antena 3 emite este documento quince minutos despois da medianoite.