“Equipo de investigación: La SGAE de Teddy Bautista” (Antena 3, 00:15 h.)

Programa: 
Televisión

E con todo Bautista non precisaba adeptos. Creou un exército ao seu servizo aproveitando a confusión aínda non resolta en todo o que atinxe aos dereitos do autor e a esa misión entregou o seu afecto. Cada reprodución dun vídeo ou dun disco nalgún recanto de España era un acto furtivo que un disciplinado batallón de recadadores anotaba para pasar a factura, ora nun guateque, ora nunha obra de teatro infantil, ora na misa como ao coro lle dese por cantar “Loba” de Shakira. Amoreou tanto carto que se lle puxo cara de Sr. Burns e a xente esqueceu ao roqueiro psicodélico. Só vían a un vello avaro. E, cando Teddy non miraba, alguén ergueu a alfombra e a chequeira de Alejandro Sanz deixou caer unha bágoa.

O espazo de reportaxes de Antena 3 “Equipo de Investigación” dedica un especial á suposta trama fraudulenta que, todo estaba na canción iniciática, puxo de xeonllos a “La SGAE de Teddy Bautista”, que así se chama a peza programada para quince minutos despois da medianoite.