“Españoles en el mundo: Salvador de Bahía” (TVE, 23.15 h.)

Programa: 
Televisión

Da cidade brasileira chegou hai nadiña, logo de dez días de vacacións, o presidente da Xunta, sen que soubésemos que marchara, a onde marchara, por canto tempo marchara, e, ai!, se é que tiña pensado volver. Gardándolle as ausencias ficaron os compañeiros do Executivo, máis tamén a oposición, que se preguntou pola idoneidade dese tempo de repouso. Xa que resulta difícil saber se no próximo consello de Goberno nos ensinará as fotos da súa viaxe con Chini, polo menos podémonos imaxinar que tal o pasou vendo “Españoles en el mundo” a partir das once e cuarto en La Primera.