“Fiz, a revista do neno máis porco do mundo” iniciará aos cativos no cómic

Programa: 
Músicas e Letras

Segundo comentou o propio Kiko da Silva en Radiofusión, “a idea de Fiz é aproveitar o éxito do personaxe para entrar na casa dos rapaces sen ter que acudir a adaptacións dos personaxes das series de televisión”. Para iso, os protagonistas da revista e as súas aventuras estarán adaptadas á vida dos rapaces de hoxe en día, afastándose da estética dos cómics de Bruguera.

Tras a experiencia errada da revista Míster K, na que publicaba Kiko da Silva e que chegou a editar máis de mil exemplares; o historietista galego cre que “debemos de tentar recuperar o mercado dos nenos no cómic español, que o temos descoidado.