“Gente Extraordinaria: Narcolepsia” (Cuatro, 00.45 h.)

Programa: 
Televisión

O durmir precisa dunha cerimonia particular en cada caso, pero que de maneira comunmente establecida inclúe tomar a posición horizontal, abrigarse e apagar a luz. Mais a narcolepsia atormenta a quen a padece porque fai entrar de xeito instantáneo nun estado de stand-by, como cando apagamos a televisión: o corpo físico segue aí, pero sen emisión. Na reportaxe amósase o caso dunha muller que sofre de terribles alucinacións cando, como unha sonámbula de categoría, fica durmida en calquera lugar. Aínda máis extraordinaria é a historia dunha nena a quen se lle activa o sono cando ri, perdendo o coñecemento de maneira inmediata e sen que os doutores saiban o porque. Isto condénaa a unha vida vivida con casco para non abrir a crisma ou sometida constantemente á seriedade e as historias tristes para non perder o sentido.